Estación de Almassora
Almassora | |
---|---|
Estación de Almassora. | |
Situación | Almassora (Castelló) |
Servizos | |
Liñas | |
Cercanías | (Proximidades Valencia) |
A estación de Almassora é unha estación de tren de Adif situada na localidade castellonense de Almassora, na comarca da Plana Alta. Pertence á liña línia C-6 de Proximidades Renfe de Valencia. Está situada na confluencia da Rúa Estación e a Rúa do Ferrocarril, no Polígono Indurtrial Millars, ao noroeste do núcleo urbano.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación se encontra dentro do Corredor mediterráneo, no punto quilométrico 65,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Valencia con Sant Vicenç de Calders a 44,14 metros de altitude.[1] A súa situación no Corredor fai que por ela pasen moitos trens de longa distancia sen parar.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 26 de decembro de 1862 coa apertura do tramo Nules-Castellón da liña que pretendía unir Valencia con Tarragona.[2] As obras correron a cargo da Sociedad de los Ferrocarriles de Almansa a Valencia y Tarragona ou AVT, que previamente e baixo outros nomes lograra unir Valencia con Almansa.[2] En 1889, a morte de José Campo Pérez, principal impulsor da compañía abocou á mesma a unha fusión coa Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España. En 1941, logo da nacionalización do ferrocarril en España, a estación pasou a ser xestionada pola recentemente creada Renfe.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña, mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Proximidades
[editar | editar a fonte]<< cabeceira | < estación | liña | estación > | cabeceira >> |
---|---|---|---|---|
Valencia-Estació del Nord | Vila-real | Castelló de la Plana |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Almansa a Valencia e Tarragona (AVT) Compañía del Ferrocarril de Almansa a Valencia y Tarragona Spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine.
- Proximidades Valencia na web de Renfe